sábado, 12 de julio de 2008

100.000 km



And i would drive a hundred thousand more...

Ains, a 100.000 km chegou o meu Golf xa. Coitadiño. Xa se vai facendo maior. Xa vai sendo hora de que lle dedique algunha entrada, que ben o merece. O asento do meu coche debe ser o sitio polo que paso casi todos os días (exceptuando vacacións ás que non o leve), poucos son os que non pasei por él desde que o fun buscar ó concesionario o 30 de decembro do 2004. Felicidades entón polos 100.000 km. Espero que cumplamos moitos máis xuntiños.

PD: Creo que non teño unha foto decente del, así que lla sacarei cando cumpla os 4 aniños.
PD: Si, son o suficientemente friki como para sacarlle fotos ó contakilómetros. Teño tamén algunhas destacadas polos móviles adiante, como poden ser os 55.555 km, ou os 66.666 km e algúns capicúas máis, pero esas déixoas para a intimidade, XD

1 comentario:

Carlos dijo...

jajajaja y me llaman friki a mi por querer comprar otra 360 para jugar online jajajaja